Canto custa rexistralo

Canto custa rexistralo

Nesta páxina encontrarás a información de canto custa rexistrar un dominio ".es" a través de dominios.es e acceso á información de canto custa rexistralo cos diferentes Axentes Rexistradores.

Existen 2 opcións para facer o rexistro do teu dominio:

 

- Opción 1: Rexistra o teu dominio cun Axente Rexistrador

- Opción 2: Rexistra o teu dominio con Dominios.es

 

Opción 1

Rexistra o teu dominio cun Axente Rexistrador

Os Axentes Rexistradores son os encargados de facilitar a xestión do rexistro e a renovación do teu dominio. Actúan dentro do marco de libre competencia con prezos reducidos, polo que cada Axente Rexistrador marca os prezos de rexistro e renovación.

Podes consultar os prezos poñéndote en contacto con eles ou a través da súa páxina web. Accede á listaxe de Axentes Rexistradores Acreditados por Red.es onde atoparás a súa información de contacto.

Os Axentes Rexistradores ofrecen unha serie de vantaxes adicionais e servizos de valor engadido como:

  Aloxamento de servidores

  Modelos e deseño de páxinas web

  Enderezo de correo electrónico

  Rexistro de patentes, etc.

Opción 2

Rexistra o teu dominio con Dominios.es

O rexistro directo unicamente se ofrece para situacións moi concretas que non requiran intermediarios por circunstancias especiais. O rexistro directo a través de Dominios.es ofrece soamente o nome de dominio sen ningún servizo adicional.

Polas súas condicións particulares, supón un prezo superior ao dos Axentes Rexistradores regulado por instrución de tarifas..


Tarifas de dominios

Se decides rexistrar o teu dominio ".es" a través de Dominios.es, as actuais tarifas anuais de dominios son as que se mostran a continuación, todas elas con IVE incluído:

Nomes de dominio que se asignan de forma automática:

Tipo de dominio Precio de alta Precio de renovación
.es 33,88€ 33,38€
.com.es 14,08€ 14,08€
.nom.es 14,08€ 14,08€
.org.es 14,08€ 14,08€

Nomes de dominio que requiren verificación previa:

Tipo de dominio Precio de alta Precio de renovación
.edu.es 36,51€ 36,51€
.gob.es 36,51€ 36,51€

Para máis información sobre as tarifas ofrecidas por Dominios.es, accede ao documento da Instrución pola que se establecen as tarifas:

pdf

Instrución de tarifas.doc

Archivo PDF

76,3 KB

 

Formas de pagamento para rexistrar un dominio con Dominios.es

Cando rexistres o teu dominio ".es" connosco, podes realizar o pagamento a través da pasarela de pagamento seguro TPV (Terminal Punto de Venda).

O pagamento electrónico pódelo realizar mediante os seguintes métodos:

Como realizo o pagamento a través de Dominios.es?

Realiza o pagamento accedendo ao Panel de control.

Indicando o teu identificador e contrasinal accederás a un panel privado dende onde poderás xestionar o pagamento de alta ou renovación do teu dominio.

Se a operación foi autorizada, recibirás unha mensaxe achegando a resolución da alta do Dominio e as peticións de alta ou renovación, segundo o caso, cambiarán a pagamento efectuado.

No apartado "3.6.6. Pasarela de pagamento" do manual de usuario explicámoste como proceder ao pagamento:

 

pdf

Manual de usuario

Archivo PDF

5,5 MB


 

Tamén che pode interesar

  • Como rexistrar un dominio

    Encontra toda a información necesaria para rexistrar o teu dominio. 

  • Os nosos Axentes Rexistradores

    Descubre a listaxe de axentes rexistradores cos que podes rexistrar o teu dominio. 

  • Termos e condicións

    Descubre todo o que necesitas saber antes de rexistrar un dominio ".es"