Como ser un Axente Rexistrador

Como ser un Axente Rexistrador

Para poder solicitar a acreditación como Axente Rexistrador tes que seguir o seguinte procedemento e enviar a Dominios.es unha serie de documentos que detallamos a continuación:

Procedemento

Para solicitar a acreditación como Axente Rexistrador debes seguir o seguinte procedemento:

 

Paso 1

Remite o formulario de datos

Cubre o Formulario de Datos.

Unha vez enviados estes datos, facilitarémosche instrucións sobre como enviar a documentación adicional.

 

 

Paso 2

Documentación adicional

Adicionalmente, deberás remitir a Dominios.es a seguinte documentación obrigatoria:

 

  Copia dos documentos acreditativos da constitución e inscrición da organización solicitante no rexistro correspondente (*)

Os interesados estranxeiros deberán remitir o devandito documento legalizado para o seu uso fóra do seu país de orixe mediante o procedemento que corresponda en cada caso (Apostila da Haia ou Mecanismo de cadea de autenticación consular).

(*)Nota: Só para aquelas organizacións que non se encontren inscritas no Rexistro Mercantil español.

 

  Poder suficiente de representación da persoa que asina no seu nome (*)

Os interesados estranxeiros deberán remitir o devandito documento legalizado para o seu uso fóra do seu país de orixe mediante o procedemento que corresponda en cada caso (Apostila da Haia ou Mecanismo de cadea de autenticación consultar).

(*)Nota: Só para aquelas organizacións que non se encontren inscritas no Rexistro Mercantil español.

 

  Declaración da organización solicitante

de non estar incursa nalgunha das prohibicións previstas no artigo 60.1 do Texto refundido da lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, nos termos previstos no apartado 2.2 da Cláusula segunda do contrato e, que se incorporará a este como Anexo I: modelo de declaración.

 

  Formulario que demostre a solvencia técnica e profesional suficiente esixida para o desenvolvemento das funcións propias do Axente Rexistrador (apartado 2.3 da Cláusula segunda do contrato e que se engadirá a este como Anexo II).

Para estes efectos, a organización deberá responder todas as cuestións que se inclúen no documento no que, entre outros aspectos, se fai referencia á súa infraestrutura técnica, á súa estrutura corporativa, á súa experiencia e aos proxectos relevantes nos que participou.

O documento deberá remitirse asinado en todas as súas páxinas.

 

  Modelo de Certificado polo que a aseguradora certifica que a póliza subscrita polo seu cliente cobre a responsabilidade civil derivada da súa actividade como Axente Rexistrador, tal e como prevé a Cláusula duodécima do contrato e que se achegará a este como Anexo IV.

Ou outro modelo de certificado emitido pola aseguradora, sempre e cando neste se indique claramente que se cumpren os requirimentos estipulados por Red.es e a aseguradora o remita asinado e selado.

Deberá remitirse certificado orixinal e non se aceptarán sinaturas imprimidas.

 

  Aval ou garantía al ao que se refire o apartado 3.9 da Cláusula terceira do contrato: modelo de aval.

Tamén pode cumprirse con este requirimento mediante a realización dun ingreso nunha conta bancaria de Red.es pola cantidade recollida no apartado 3.9 da Cláusula terceira do contrato, en concepto de fianza.

Os interesados na segunda das opcións poden indicar o seu interese en realizar ingreso en conta en substitución de aval e presentar o resto da documentación.

 

Paso 3

Sinatura do contrato

Unha vez comprobado por Dominios.es que acreditaches debidamente o cumprimento das obrigas das que se fai depender a eficacia do contrato, o contrato será asinado por Dominios.es e remitirémoscho para a súa sinatura.

A persoa que tivese acreditado poder suficiente de representación outorgado pola organización interesada na acreditación deberá asinar unha copia do contrato en todas as súas páxinas, incluídos os documentos incorporados como anexos do contrato, e remitila a Dominios.es de acordo ás instrucións recibidas.

 

 

Paso 4

Emisión de factura e pagamento

A continuación Dominios.es emitirá a factura correspondente ao pagamento da cota de alta para realizar a función de Axente Rexistrador.

Deberás aboar o pagamento na conta da Entidade Pública Empresarial Dominios.es que se indique para tal fin (apartado 2.1 da Cláusula Segunda do Contrato).

 

 

Paso 5

Alta técnica

Unha vez recibido o pagamento da cota de alta, Dominios.es procederá a rexistrar o axente rexistrador na ferramenta de xestión de nomes de dominio baixo o ".es".

Unha vez feito isto, procederase a incluír a organización na Lista de Axentes Rexistradores acreditados ante o Rexistro de nomes de dominio baixo o ".es", finalizando así o procedemento de acreditación.

 

 
 

Aviso: O Contrato e os Anexos I e II poden achegarse asinados electronicamente; neste caso, non será necesaria a sinatura manuscrita. Para poder utilizar a sinatura electrónica é necesario dispoñer dun certificado dixital como o do DNI electrónico (DNIe) ou outro emitido por algunha das seguintes entidades certificadoras:

Lista de Autoridades de Certificación recoñecida

  • AC Camerfirma Certificados Camerales
  • AC Camerfirma Express Corporate Server v3
  • ANCERT Certificados Notariales Corporativos
  • ANCERT Certificados Notariales
  • ANCERT Certificados Notariales Personales
  • ANCERT Certificados CGN
  • ANCERT Certificados FERN
  • ANCERT Certificados para empleados
  • ANCERT Corporaciones de Derecho Público
  • ANCERT Certificados para Corporaciones de Derecho Publico
  • ANCERT Corporativos Personales V2
  • ANCERT Corporativos de Sistemas V2
  • ANCERT Certificados para empleados V2
  • ANCERT Certificados Notariales Corporativos V2
  • ANCERT Certificados Notariales V2
  • ANCERT Certificados Redes Privadas V2
  • ANCERT Corporaciones de Derecho Publico Personales V2
  • ANCERT Corporaciones de Derecho Publico de Sistemas V2
  • ANCERT Certificados Notariales Personales V2
  • ANCERT Certificados Notariales de Sistemas V2
  • ANCERT Certificados FERN V2
  • ANCERT Certificados CGN V2
  • ANCERT Corporaciones de Derecho Publico V2
  • Chambers of Commerce Root
  • PSC Banesto Root
  • PSC Banesto Clientes
  • CA E.P.E. RED.ES
  • Autoridad de Certificación de la Abogacía
  • ACA - Certificados Corporativos
  • Root CA Generalitat Valenciana
  • ACCV-CA1
  • ACCV-CA2
  • AC DNIE 001
  • AC DNIE 002
  • AC RAIZ DNIE
  • EC-ACC
  • EC-IDCat
  • EC-AL
  • EC-AL
  • EC-GENCAT
  • EC-PARLAMENT
  • EC-SAFP
  • EC-UR
  • EC-URV
  • AC Firmaprofesional - CA1
  • FNMT Clase 2 CA

Vantaxes de ser un Axente Rexistrador

Dominios.es ofrece aos seus Axentes Rexistradores acreditados unha de serie vantaxes:

 

  Tarifas exclusivas de dominios para os Axentes Rexistradores.

Tipo de dominio Tarifa de rexistro ou renovación para Axentes Rexistradores acreditados (sen IVE)
.es 4,09€
.com.es, .nom.es, .org.es 1,29€
.gob.es, .edu.es 10,34€

Podes consultar o detalle documento de Instrución de Prezos Públicos.

pdf

Instrucción de tarifas

Archivo PDF

76,3 KB

  Atención preferente -liñas exclusivas de atención e sistema telemático de xestión "online".

  Gestión de dominios “.es” mediante un sistema automático que permite dar de alta un dominio “.es” en tiempo real.

  Servizos de Extranet Extranet para realizar xestións de dominios.

  Formación continua en normativa e procedementos do Rexistro.

  Integración na Comisión de Rexistro de Dominios (CRD), reunións periódicas cos axentes Rexistradores.

  Acceso a subvenciones en accións de promoción do dominio .es realizadas polo Axente Rexistrador (descontos por volume, financiamento de accións de difusión en medios, etc.).

  Participación en Convenios de Colaboración de Red.es con outras empresas.

Tamén che pode interesar

  • Os nosos Axentes Rexistradores

    Descubre a listaxe de axentes rexistradores cos que podes rexistrar o teu dominio. 

  • Termos e condicións

    Descubre todo o que necesitas saber antes de rexistrar un dominio ".es" 

  • Vantaxes de seres Axente Rexistrador

    Infórmate dos beneficios que ofrece Dominios.es aos Axentes Rexistradores Acreditados