Recupera o teu dominio

Recupera o teu dominio

O sistema de resolución extraxudicial de conflitos (DRP) sobre a utilización de nomes de dominio ".es", desenvolvido pola Entidade Pública Empresarial Red.es, baséase nas prácticas xeralmente aplicadas no ámbito internacional, e as recomendacións emanadas polas entidades e organismos internacionais que desenvolven actividades relacionadas coa xestión do sistema de nomes de dominio de Internet.

Procedemento para a recuperación do teu dominio

A demanda debe ser instada ante un Provedor de resolución extrajudicial de conflictos acreditado pola Entidade Pública Empresarial Red.es, de acordo co artigo 13 do Regulamento do Procedemento de Resolución extraxudicial de conflitos. No sistema de resolución extraxudicial de conflitos de nomes de dominio ".es" hai varios roles, que é conveniente coñecer:

Red.es

Entidade Pública Empresarial Red.es, neste caso as súas funcións son basicamente velar polo cumprimento das obrigas dos Provedores, e executar as resolucións establecidas polo experto.

Provedor

Organización sen ánimo de lucro que administra as demandas e vela pola tramitación destas de acordo co establecido no Regulamento, nomeando ao Experto con imparcialidade e independencia

Partes

Demandante, persoa física ou organización que insta a demanda ante o provedor contra o demandado, titular do nome de dominio ".es" obxecto da controversia.

Experto

Profesional con experiencia acreditada en resolución extraxudicial de conflitos, que resolverá a controversia co máximo rigor e independencia, tendo en conta o contido da demanda e a súa contestación.

Requisitos para a recuperación do teu dominio

É necesario posuír dereitos previos* dun nome de dominio ".es" xa asignado, para facer uso do devandito sistema, de acordo co establecido no Regulamento do Procedemento de Resolución de conflitos, aprobado o 7 de novembro de 2005.

Poderá facer uso do Sistema de Resolución extraxudicial de conflitos para nomes de dominio baixo o código de país correspondente a España ".es", toda persoa física ou entidade con ou sen personalidade xurídica que ostente algún dos seguintes dereitos previos:

  •  Denominacións de entidades validamente rexistradas en España, denominacións ou indicacións de orixe, nomes comerciais, marcas rexistradas ou outros dereitos de propiedade industrial protexidos en España.

     

  •  Nomes civís ou pseudónimos notorios, que identifiquen profesionalmente, entre outros, a creadores intelectuais, políticos e figuras do espectáculo ou do deporte.

  •  Denominacións oficiais ou xeralmente recoñecibles de Administracións Públicas e organismos públicos españois.

Débense acreditar os motivos polos que o rexistro do nome de dominio ".es" é de carácter especulativo ou abusivo*, e en particular:/p>

  •  Os motivos polos que o nome de dominio ".es" é idéntico ou similar ata o punto de crear confusión con outro termo sobre o que o Demandante alega posuír Dereitos Previos.

  •  Os motivos polos que debe considerarse que o Demandado carece de dereitos ou intereses lexítimos sobre o nome ou nomes de dominio obxecto da demanda.

  •  Os motivos polos que debe considerarse que o nome de dominio foi rexistrado ou se estea a utilizar de mala fe.

EO nome de dominio ".es" foi rexistrado ou utilizado de mala fe, cando:

  •  O Demandado rexistrase ou adquirise o nome de dominio ".es" fundamentalmente co fin de vender, alugar ou ceder por calquera título o rexistro do nome de dominio ".es" ao Demandante que posúe Dereitos Previos ou a un competidor deste, por un valor certo que supera o custo documentado que estea relacionado directamente co nome de dominio; ou

  •  O Demandado rexistrase o nome de dominio ".es" co fin de impedir que o posuidor de Dereitos Previos utilice estes a través do nome de dominio, sempre e cando o Demandado desenvolvese unha actividade desa índole; ou

  •  O Demandado rexistrase o nome de dominio ".es" fundamentalmente co fin de perturbar a actividade comercial dun competidor; ou

  •  O Demandado, ao utilizar o nome de dominio ".es", intentou de xeito intencionado atraer, con ánimo de lucro, usuarios de Internet á súa páxina web ou a calquera outra, creando a posibilidade de que exista confusión coa identidade do Demandante en canto á fonte, patrocinio, afiliación ou promoción da súa páxina web ou dun produto ou servizo que figure na súa páxina web; ou

  •  O Demandado realizase actos similares aos anteriores en prexuízo do Demandante.

Non poderá iniciarse o procedemento de resolución extraxudicial de conflitos cando se encontre aberto un procedemento de cancelación do nome de dominio ".es". En todo caso a vía xudicial está sempre aberta para as Partes, independentemente do estado da demanda.

A tarifa establecida polos provedores de resolución extraxudicial de conflitos de nomes de dominio ".es" é de 1400 €.

Para resolver a demanda o experto terá en conta as declaracións e documentos presentados polas partes.

O experto, nun prazo medio de 2 MESES dende a interposición da demanda, resolverá mediante resolución motivada que debe ser congruente coa pretensión da demanda e non poderá decidir sobre cuestións alleas a esta.

Segundo o artigo 13 da instrución pola que se regula o DRP o demandante deberá indicar na demanda se desexa que se transmita o dominio ao demandante ou simplemente a súa cancelación.

Procedemento

Debes facerlle chegar ao Provedor elixido, polo menos, a seguinte información:

  •   (3) copias imprimidas da demanda ou formato electrónico

  •   Nome(s) de dominio(s)

  •   Datos demandante

  •   Forma comunicación

  •   Datos demandado

  •   Axente(s) Rexistrador(es)

  •   Dereitos previos do demandante

  •   Argumentación rexistro abusivo (

  •   Obxecto da demanda (se solicita transmisión ou cancelación do dominio)

  •   Procedementos xudiciais

  •   Declaración someterse á xurisdición española

  •   Declaración de non reclamación

  •   Probas documentais de dereitos previos

Resolución do procedemento DRP

Unha vez presentada a demanda, o Provedor notificará a Red.es que procederá ao bloqueo do dominio. Isto implica que o dominio non pode darse de baixa, non pode transferirse nin modificarse os datos asociados O titular do dominio (demandado) dispoñerá dun prazo de 20 días naturais para responder á demanda. Finalizados os prazos establecidos, o experto designado ditará a resolución. O experto pode resolver:

Opción 1

Admitindo a demanda

A. • Transmitir o nome de dominio ao demandante: neste suposto, transcorrido o prazo máximo dun mes a partir da notificación da decisión ás partes e a Red.es, o demandante deberá enviar unha solicitude de transmisión a transmisionDRP@dominios.es. Recibida a devandita solicitude realizarase a transmisión do nome de dominio ao demandante.

B. Cancelar o nome de dominio, que quedará para libre asignación. No caso de que o demandante non indicara na demanda que quere a transmisión do nome de dominio obxecto da controversia.

 

Opción 2

Non admitir a demanda

Neste suposto o experto considera que o demandado ten razón e por tanto o nome de dominio debe continuar asignado a favor do antigo titular.

Se no citado prazo de 30 días, calquera das partes notificase a Red.es un documento acreditando que se iniciou un procedemento xudicial ante un xulgado competente, Red.es suspenderá a execución da decisión ata que reciba comunicación de que concluíu o devandito procedemento xudicial, agás que o órgano xudicial determine o contrario.

 

 

Solicitud de transmisión

Solicitude de transmisión en cumprimento da resolución ditada no procedemento de resolución extraxudicial de conflitos:

Provedores de resolución extraxudicial

Os Provedores de resolución extraxudicial de conflitos de nomes de dominio ".es" son entidades acreditadas pola Entidade Pública Empresarial Red.es, con suficiente experiencia na resolución extraxudicial de conflitos e defensa da propiedade industrial e intelectual, o que garante a súa imparcialidade e independencia na tramitación das demandas e no nomeamento do experto que resolverá a controversia. De acordo a condicións proporcionadas, obxectivas, transparentes e non discriminatorias, os provedores de resolución extraxudicial de conflitos seleccionados pola Entidade Pública Empresarial Red.es, son os seguintes:

Expertos

Os Expertos que resolverán as controversias nos nomes de dominio ".es" dispoñen dunha alta cualificación e experiencia en resolución extraxudicial de conflitos de nomes de dominio, o que achega as máximas garantías na resolución da controversia.

Os mecanismos establecidos no Regulamento do Procedemento de Resolución extraxudicial de conflitos, garanten a imparcialidade e independencia do experto. En calquera caso, tanto demandante coma demandado poden solicitar a substitución do experto, cando consideren que este non é imparcial ou independente na demanda.

Resolucións ditadas

En cumprimento do disposto no Artigo 22 do regulamento polo que se regula o procedemento de Resolución Extraxudicial de Conflitos para nomes de dominio baixo o código de país correspondente a España ".es". O Rexistro publicará neste apartado todas as resolucións ditadas polos expertos nos devanditos procedementos.

pdf
Artigo 22 do regulamento

Archivo PDF

570 KB

Publicación de Resolucións Ditadas

Aquí pode consultar a relación de resolucións ditadas polos expertos ata a data:

Listado de resolucións ditadas


Estás a ver 1 - 8 de 727 Resoluciones dictadas

Tamén che pode interesar

  • Normativa

    Consultar toda a normativa aplicable, as tarifas de asignación e renovación, os procedementos operativos, etc. 

  • Cambio de titular

    Coñece como podes cambiar o titular dun dominio ".es", tanto se está xestionado por un Axente Rexistrador ou por Dominios.es. 

  • Cancela un dominio

    Descubre como cancelar o dominio dun terceiro ben polo Rexistro ou a instancia de parte.