Por que un .es

Por que un .es

Ser “.es” significa pertencer a unha comunidade valiosa e con personalidade, que crece día a día e da que xa forman parte case dous millóns de dominios. O “.es” representa a mellor garantía para que te encontren, aproximarte aos teus clientes e protexer a túa marca.

O teu dominio.es, será encontrado e posicionado de forma preferente nos buscadores, xa que o .es, de seu, é un segmentador xeográfico que priman os buscadores.

Actualmente e cada vez máis empresas e particulares españois, ou con vínculos con España e o idioma castelán ou a cultura hispana, rexistran dominios .es.

Escollendo un dominio .es apoiamos o progreso económico do noso país porque o diñeiro se reinviste en nós mesmos.

Nesta páxina podes informarte sobre:

Vantaxes dun dominio ".es"

 

  Identidade/Idioma

Os servizos de Internet prestados baixo os dominios ".es" asócianse á cultura de fala hispana, sendo este elemento parte esencial da identidade dos devanditos servizos.

 

  Proximidade

Os servizos de Internet identificados polos dominios ".es" son prestados por persoas ou organizacións vinculadas con España, o que garante a proximidade aos usuarios españois.

Ao mesmo tempo, Red.es é un organismo público español adscrito ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital próximo ás necesidades dos usuarios de Internet que utilizan os dominios ".es".

Red.es conta para iso cun servizo de atención aos usuarios que atende calquera solicitude de información a través do 902 010 755, ou formulario de contacto.

 

  Máis posibilidades nos buscadores de Internet

Para o posicionamento en buscadores como "google", "yahoo" ou "msn", ten bastante importancia que o dominio se corresponda cun dominio territorial, como é o caso do ".es".

Cun dominio ".es" conseguirás unha posición destacada nos buscadores de referencia.

 

  Fiabilidade e calidade de servizo

O Rexistro de dominios ".es" xestionado pola Entidade Pública Empresarial Red.es, ofrece o servizo de rexistro de dominios ".es" de acordo aos estándares de fiabilidade e calidade habituais no mercado.

Ademais, sen custo adicional, Red.es ofrece un servidor DNS secundario opcional, o que garante a túa presenza en Internet.

 

  Flexibilidade e axilidade

A flexibilización dos criterios de rexistro de dominios ".es" establecidos no Plan Nacional de Nomes de dominio baixo ".es" permite reducir o tempo de rexistro dos dominios ".es" a minutos, sendo practicamente inmediato.

 

  Prezo

As tarifas actuais son moi competitivas, estando mesmo por debaixo das ofrecidas para outros dominios xenéricos.

A través dos Axentes Rexistradores acreditados, poderás atopar solucións axustadas ás túas necesidades a prezos reducidos.