Cancela un dominio

Cancela un dominio

Nesta sección encontrarás toda a información necesaria para saber como solicitar a cancelación dun dominio “.es“asignado a favor dun terceiro, así como información para presentar alegacións cando a cancelación sexa relativa a un dominio “.es” asignado ao teu favor.

A continuación, encontrarás información específica sobre como solicitar o inicio do procedemento de cancelación e as causas que o motivan. Ademais, poderás encontrar información sobre o procedemento especial de cancelación por depuración da base de datos.

Como solicitar a cancelación dun dominio “.es” asignado a favor dun terceiro

A continuación, resumímosche o procedemento para solicitar a cancelación dun dominio “.es”:

Quen pode solicitar a cancelación dun dominio “.es”

A solicitude de inicio do Procedemento de Cancelación poderá ser presentada por calquera persoa física ou entidade, con ou sen personalidade xurídica, sempre e cando o solicitante demostre posuír un interese lexítimo sobre o dominio “.es” que desexa cancelar e sempre que poida alegar algunha das causas de cancelación que se detallan a continuación.

En que casos se pode solicitar a cancelación dun dominio “.es”

Un dominio “.es” poderá ser obxecto do presente procedemento nos seguintes casos:

 
  • 1. Cando o nome de dominio baixo o ".es" fora solicitado por persoas físicas ou entidades con ou sen personalidade xurídica que non teñan intereses ou non manteñan vínculos con España. (*)


    A entidade pública empresarial Red.es considera que o significado de "intereses" ou "vínculos con España" cobre, entre outras, as seguintes situacións:

     
    • Persoas físicas ou xurídicas establecidas en España.

    • Persoas físicas ou xurídicas que queiran dirixir total ou parcialmente os seus servizos ao mercado español.

    • Persoas físicas ou xurídicas que queiran ofrecer información, servizos ou produtos que estean vinculados cultural, histórica ou socialmente con España.


  • 2. Cando o beneficiario do nome de dominio baixo o ".es" composto exclusivamente por apelidos, ou por unha combinación de nomes propios e apelidos, non teña relación directa con este.

  • 3. Cando no rexistro do nome de dominio baixo o “.es”, consten datos falsos ou incorrectos e a súa veracidade non sexa probada polo seu actual beneficiario.

  • 4. Cando se incumpran as regras e condicións técnicas establecidas pola Autoridade de Asignación para o axeitado funcionamento do sistema de nomes de dominio baixo o ".es".

  • 5. Cando o nome de dominio baixo o ".es" asignado incumpra as normas de sintaxe reguladas na alínea primeira da Disposición undécima do Plan Nomes de Dominio ou algunha das demais condicións de asignación previstas para o efecto neste.

  • 6. Cando un nome de dominio baixo o “.es” fose declarado de interese xeral mediante resolución do presidente de Red.es

 

Os casos anteriormente relacionados constitúen as causas de cancelación, as cales se encontran establecidas na Instrución do director xeral de Red.es, do 2 de xaneiro de 2010, pola que se regula o Procedemento de Cancelación.

 

Como se pode solicitar a cancelación dun dominio “.es”

Se cres que o rexistro dun dominio ".es" se atopa nalgún dos casos anteriormente relacionados, poderás solicitar a cancelación deste accedendo ao Panel de control de Dominios Dominios co teu identificador e contrasinal e seleccionando a opción “Solicitude Cancelación de Dominio”.

 

El Titular o la Persona de Contacto Administrativo deberán acceder al panel de control de Dominios.es con su identificador y contraseña, y seleccionar la “Solicitud Transmisión de dominio”.

 

Ten en conta que deberás acreditar de forma abondo a existencia dalgunha/s causa/s de cancelación no rexistro do dominio “.es” en cuestión, así como o interese lexítimo que motiva a presentación da solicitude.

 

Para a presentación da solicitude, será necesario que te identifiques dunha das seguintes formas:

 
  •  DNIe/Certificado electrónico (*)

  •  Fotocopia de DNI ou documento acreditativo

 

(*)DNIe/Certificado electrónico

 

É necesario dispoñer dun certificado dixital, como o do DNI electrónico (DNIe) ou outro emitido por algunha das seguintes entidades certificadoras:

Lista de Autoridades de Certificación recoñecida

  • AC Camerfirma Certificados Camerales
  • AC Camerfirma Express Corporate Server v3
  • ANCERT Certificados Notariales Corporativos
  • ANCERT Certificados Notariales
  • ANCERT Certificados Notariales Personales
  • ANCERT Certificados CGN
  • ANCERT Certificados FERN
  • ANCERT Certificados para empleados
  • ANCERT Corporaciones de Derecho Público
  • ANCERT Certificados para Corporaciones de Derecho Publico
  • ANCERT Corporativos Personales V2
  • ANCERT Corporativos de Sistemas V2
  • ANCERT Certificados para empleados V2
  • ANCERT Certificados Notariales Corporativos V2
  • ANCERT Certificados Notariales V2
  • ANCERT Certificados Redes Privadas V2
  • ANCERT Corporaciones de Derecho Publico Personales V2
  • ANCERT Corporaciones de Derecho Publico de Sistemas V2
  • ANCERT Certificados Notariales Personales V2
  • ANCERT Certificados Notariales de Sistemas V2
  • ANCERT Certificados FERN V2
  • ANCERT Certificados CGN V2
  • ANCERT Corporaciones de Derecho Publico V2
  • Chambers of Commerce Root
  • PSC Banesto Root
  • PSC Banesto Clientes
  • CA E.P.E. RED.ES
  • Autoridad de Certificación de la Abogacía
  • ACA - Certificados Corporativos
  • Root CA Generalitat Valenciana
  • ACCV-CA1
  • ACCV-CA2
  • AC DNIE 001
  • AC DNIE 002
  • AC RAIZ DNIE
  • EC-ACC
  • EC-IDCat
  • EC-AL
  • EC-AL
  • EC-GENCAT
  • EC-PARLAMENT
  • EC-SAFP
  • EC-UR
  • EC-URV
  • AC Firmaprofesional - CA1
  • FNMT Clase 2 CA

Como alegar ante a cancelación iniciada sobre un dominio “.es” asignado ao meu favor

Podes encontrar toda a información relativa á presentación de alegacións no seguinte manual:

pdf

Manual de usuario final

Archivo PDF

199 KB

Selección Resolucións de Procedementos de Cancelación “.es”

A continuación poderás encontrar unha selección de resolucións ao Procedemento de Cancelación de nomes de dominio “.es” que mencionan criterios de admisión, inadmisión ou cancelación.

 

As devanditas resolucións foron previamente editadas para suprimir calquera referencia a datos persoais ou aquelas cuestións que puidesen atentar contra o segredo profesional ou empresarial das partes implicadas nos correspondentes procedementos.

 

Procedemento especial de cancelación por depuración da base de datos

O Plan Nacional de Nomes de Dominio establece que os solicitantes dun nome de dominio deberán facilitar os seus datos identificativos, polo que estes son responsables da súa veracidade e exactitude e de informar de forma inmediata a esta autoridade de asignación sobre todas as modificacións que se produzan nos devanditos datos.

 

Isto tradúcese na obriga de facilitar, por parte do solicitante de nomes de dominio “.es” entre outros, o seu nome ou denominación social, un enderezo válido de correo electrónico e o seu NIF, DNI ou documento identificativo oficial equivalente. É dicir, todo solicitante de dominios “.es” debe facilitar datos veraces e exactos á hora de rexistrar un nome de dominio.

 

Para garantir o cumprimento do recollido anteriormente, Red.es subscribiu diversos convenios e acordos con entidades públicas co fin de realizar a análise e segmentación dos nomes de dominio “.es” rexistrados e poder detectar aqueles sobre os cales existan indicios fidedignos de inexactitude ou falsidade dos seus datos achegados.

 

Con aqueles dominios nos que se detectase este tipo de erros ou omisións, levarase a cabo o seguinte proceso:

  • 1. Contáctase co Axente Rexistrador que xestiona o nome do dominio, co seu titular e coa persoa de contacto administrativo (PCA), e infórmase de que contan cun prazo máximo de 3 días naturais para corrixir as deficiencias encontradas nos datos de rexistro do nome de dominio en cuestión.

     

    No caso de que o nome de dominio fora rexistrado mediante a opción de Usuario Final, remitirase o comunicado onde se informa dos erros detectados ao titular e á PCA do nome de dominio.

     

    Neste período, calquera das partes citadas poderá realizar as xestións oportunas para efectuar os cambios que sexan necesarios no rexistro do nome de dominio, posto que este non será bloqueado nin se adoptará ningunha medida que restrinxa o seu uso. As xestións oportunas e como levalas a cabo aparecerán indicadas no comunicado remitido ao respecto.

  • 2. Se unha vez transcorrido o período de 3 días naturais anteriormente indicado non se emendaron as incorreccións sinaladas, Red.es iniciará un Procedemento de Cancelación Especial sobre o nome de dominio.

  • 3. Unha vez iniciado o procedemento, o titular do nome de dominio ou a súa persoa de contacto administrativo deberá corrixir o erro identificado e presentar as alegacións que considere oportunas, de maneira que permitan demostrar que os datos de titularidade do nome de dominio son veraces e exactos.

     

    É importante sinalar que este procedemento non permite realizar un cambio na titularidade do nome de dominio (é dicir, unha transmisión da súa titularidade), senón que tan só permite demostrar que os datos que están presentes no rexistro do nome de dominio, unha vez corrixidos os datos que se identificaran como erróneos, son veraces e exactos.

Como alegar ante a cancelación especial iniciada sobre un dominio “.es” asignado ao meu favor

Podes encontrar toda a información relativa á presentación de alegacións na seguinte ligazón:

Tamén che pode interesar

  • Panel de control Dominios.es

    Accede á área de usuario dende onde poderás renovar o teu dominio no caso de xestionalo con Dominios.es 

  • Cambio de titular

    Coñece como podes cambiar o titular dun dominio ".es", tanto se está xestionado por un Axente Rexistrador ou por Dominios.es. 

  • Recupera o teu dominio

    Coñece o procedemento para recuperar o teu nome de dominio “.es”.