Acceso e cambio de datos

Acceso e cambio de datos

Nesta sección encontrarás información sobre como acceder ao panel de control de Dominios.es, como modificar os datos de contacto e como recuperar o acceso ao panel de control de Dominios.es se non podes entrar co teu correo electrónico ou contrasinal.

Accede ao teu panel de control

O rexistro directo a través de Dominios.es ofrece soamente o nome de dominio e, polas súas condicións particulares, supón un prezo elevado regulado por instrución interna.

Para xestionar o teu dominio con Dominios.es, podes acceder ao sistema cunha destas dúas formas a través da páxina de identificación:

  1. 1. Introducindo o teu identificador e contrasinal, os cales se che asignaron ao rexistrarte a través de Dominios.es.
  2. 2. Autentificándote co teu DNIe/certificado, coa asociación previa do DNIe/certificado co teu identificador.

En caso de non estar rexistrado, podes darte de alta aquí.

Cambio de datos do contacto

Se es o titular ou a persoa de contacto administrativo, contacto técnico ou de facturación dun dominio ".es" e queres actualizar os datos de contacto (teléfono, enderezo postal, contrasinal etc.), terás que editar o teu perfil do seguinte xeito:

  1. 1. Accede ao Panel de control indicando o teu IDENTIFICADOR e CONTRASINAL.
  2. 2. Unha vez identificado, encontrarás a opción “Editar” sobre a barra superior de cor laranxa.

Todos os cambios se realizan automaticamente, a excepción dos cambios solicitados para os campos “Nome” e/ou “NIF/NIE”, que requiren revisión por parte do Rexistro.

Consulta o Manual de Usuario para obtener información máis detallada sobre o procedemento.

Recuperación de contrasinal

Se non recordas o teu contrasinal, podes recuperalo dende a web de Dominios.es, introducindo o teu identificador a través da páxina de renovación de contrasinal.

Inmediatamente recibirás na conta de correo asociada ao contacto unha mensaxe coa ligazón para renovar o contrasinal e realizar a activación.

Se non coñeces o teu identificador de contacto, podes consultalo na nosa web a través da páxina de inicio introducindo o nome de dominio no espazo do buscador dispoñible, premendo o botón “Buscar” e, cando se mostre o dominio, premendo de novo en “Rexistrado. Ver Datos”.

Enderezo de correo electrónico non accesible

Se es o titular, a persoa de contacto administrativo, contacto técnico ou de facturación dun dominio ".es" e non podes acceder ao enderezo de correo electrónico que está asociado ao teu contacto, podes cambialo accedendo ao panel de control de Dominios.es co teu identificador e contrasinal, e editando o teu perfil.

Consulta o Manual de Usuario para obter información máis detallada sobre o procedemento.

 

Se, ademais de non poder acceder ao teu correo electrónico, tampouco podes acceder ao panel de control porque esqueciches o contrasinal, dámosche outra opción que garantirá que o cambio se realizará con seguridade:

  1. 1. Accede á páxina de modificación de correo electrónico
  2. 2. Indica o identificador de contacto que desexas modificar e o novo enderezo de correo electrónico ao que o queres asociar.
  3. 3. Identifícate dunha das seguintes formas:
  4. 4. Mediante DNIe/Certificado electrónico.(*)
  5. 5. Achegando fotocopia de DNI ou documento acreditativo.

Estes cambios realizaranse de xeito inmediato, agás casos excepcionais que deberán ser revisados e aprobados polos nosos operadores.

Consulta o Manual de Usuario para obter información máis detallada sobre o procedemento.

 

 

 

(*) DNIe/Certificado electrónico

É necesario dispoñer dun certificado dixital, como o do DNI electrónico (DNIe) ou outro emitido por algunha das seguintes entidades certificadoras:

Lista de Autoridades de Certificación recoñecida

  • AC Camerfirma Certificados Camerales
  • AC Camerfirma Express Corporate Server v3
  • ANCERT Certificados Notariales Corporativos
  • ANCERT Certificados Notariales
  • ANCERT Certificados Notariales Personales
  • ANCERT Certificados CGN
  • ANCERT Certificados FERN
  • ANCERT Certificados para empleados
  • ANCERT Corporaciones de Derecho Público
  • ANCERT Certificados para Corporaciones de Derecho Publico
  • ANCERT Corporativos Personales V2
  • ANCERT Corporativos de Sistemas V2
  • ANCERT Certificados para empleados V2
  • ANCERT Certificados Notariales Corporativos V2
  • ANCERT Certificados Notariales V2
  • ANCERT Certificados Redes Privadas V2
  • ANCERT Corporaciones de Derecho Publico Personales V2
  • ANCERT Corporaciones de Derecho Publico de Sistemas V2
  • ANCERT Certificados Notariales Personales V2
  • ANCERT Certificados Notariales de Sistemas V2
  • ANCERT Certificados FERN V2
  • ANCERT Certificados CGN V2
  • ANCERT Corporaciones de Derecho Publico V2
  • Chambers of Commerce Root
  • PSC Banesto Root
  • PSC Banesto Clientes
  • CA E.P.E. RED.ES
  • Autoridad de Certificación de la Abogacía
  • ACA - Certificados Corporativos
  • Root CA Generalitat Valenciana
  • ACCV-CA1
  • ACCV-CA2
  • AC DNIE 001
  • AC DNIE 002
  • AC RAIZ DNIE
  • EC-ACC
  • EC-IDCat
  • EC-AL
  • EC-AL
  • EC-GENCAT
  • EC-PARLAMENT
  • EC-SAFP
  • EC-UR
  • EC-URV
  • AC Firmaprofesional - CA1
  • FNMT Clase 2 CA

Tamén che pode interesar

  • Cambia de Contacto Administrativo

    Descubre como podes cambiar o contacto administrativo do teu dominio ".es", tanto se está xestionado por un Axente Rexistrador ou por Dominios.es. 

  • Panel de control Dominios.es

    Accede á área de usuario dende onde poderás renovar o teu dominio no caso de xestionalo con Dominios.es 

  • Cambio de titular

    Coñece como podes cambiar o titular dun dominio ".es", tanto se está xestionado por un Axente Rexistrador ou por Dominios.es.