Os nosos Axentes Rexistradores

Os nosos Axentes Rexistradores

Os Axentes Rexistradores son entidades acreditadas por Dominios.es que actúan en calquera trámite relacionado co rexistro de dominios ".es", coa finalidade de asesorar os usuarios finais, axilizar a tramitación e ofrecerlles unha serie de servizos adicionais.

Ver listaxe de Axentes Rexistradores.  

Funcións e servizos dun Axente Rexistrador

Os Axentes Rexistradores ofrecen toda unha gama de servizos adicionais (páxinas web, correo electrónico, patentes e marcas...) xunto co rexistro e xestión do teu dominio. As principais funcións dos Axentes Rexistradores son:

Representar os solicitantes ante Dominios.es para a asignación e renovación de dominios ".es"

Asesorar os solicitantes de dominios que contraten os seus servizos e realizar cantas xestións sexan requiridas para o efecto.

Tramitar as solicitudes de asignación e renovación de dominios baixo ".es".

Calquera outra función relacionada coa asignación e renovación de dominios que lles sexa encomendada por Dominios.es.

Servizos adicionais dun Axente Rexistrador

Os principais servizos adicionais que ofrecen os Axentes Rexistradores son os mostrados a continuación. E todo iso coa garantía de ser entidades previamente acreditadas por Dominios.es. Ademais, ofrecen un prezo competitivo fronte a rexistralo directamente con Dominios.es.

  Hosting

  Editor web ou tendas en liña

  Caixas de correo electrónico asociadas ao teu dominio

  Redireccionamento tanto de contas de correo coma de dominios

  Servidores e servizos Cloud

  Solicitude, tramitación administrativa e asesoramento en patentes e marcas

Listado de Agentes Registradores

Desculpe as molestias. Esta páxina non está dispoñible en galego. Por favor, faga clic aquí para acceder á súa versión en castelán.

Tamén che pode interesar

  • Como rexistrar un dominio

    Encontra toda a información necesaria para rexistrar o teu dominio. 

  • Termos e condicións

    Descubre todo o que necesitas saber antes de rexistrar un dominio ".es" 

  • Canto custa rexistrar un dominio

    Consulta o prezo de rexistro de dominio en función de con quen o rexistres.