Sobre nós

Sobre nós

Dominios.es é a entidade responsable da xestión do Rexistro de nomes de dominio de Internet baixo o código de país “.es”. Dominios.es está integrada na Entidade Pública Empresarial Red.es.

Nesta páxina podes informarte sobre:

As funcións relacionadas coa xestión do rexistro inclúen a tramitación de solicitudes de novos dominios e a súa asignación.

Se desexas poñerte en contacto connosco, escríbenos dende a páxina de Contacto.

 

Que facemos?

Red.es ten encomendada a autoridade de rexistro dos nomes de dominio de Internet baixo o indicativo de primeiro nivel correspondente ao país de España (.es).

As actuacións realízanse de acordo coas directrices establecidas polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital en conformidade co ICANN (Internet Corporation for Assigned Names Numbers) e as guías derivadas do mercado internacional.

En Red.es apostamos porque o dominio ".es" sexa un dominio de calidade, seguro, doado de adquirir e renovar, economicamente competitivo e que ofreza servizos de valor diferenciais como a resolución extraxudicial de conflitos.

Queremos que o dominio ".es" sexa referente a ámbito internacional da lingua española e utilizado para as páxinas de Internet con contido en español, nun mundo con máis de 400 millóns de hispanofalantes.

Tamén che pode interesar

  • Como rexistrar un dominio

    Encontra toda a información necesaria para rexistrar o teu dominio. 

  • Normativa

    Consultar toda a normativa aplicable, as tarifas de asignación e renovación, os procedementos operativos, etc. 

  • Estadísticas

    Descubre a evolución dos datos de rexistro de Dominios ".es" e as nosas estatísticas.