Como rexistrar un dominio

Como rexistrar un dominio

Paso 1

Comproba a dispoñibilidade do nome que buscas

Busca o teu nome de dominio ideal e comproba se está dispoñible:

.

Ademais, debes ter en conta

Que non estea asignado con anterioridade.

Ir ao buscador de dominios 

Que non estea incluído na lista de termos prohibidos.

Ver lista de termos reservados 

Que cumpra coas normas de sintaxe.

Ver normas de sintaxe 

Que non estea incluído na lista de termos reservados.

Ver lista de termos reservados 

Paso 2

Decide que tipo de dominio solicitar e comproba se podes solicitalo

Dende calquera parte do mundo poden solicitarse os seguintes dominios ".es", sempre e cando se manteña ligazóns con España:

Tipos de dominios ".es"

Dominios que se asignan de forma automática

.es

Para identificar o teu nome, a túa empresa, o teu organismo...en Internet.

Poderán solicitalo as persoas físicas ou entidades privadas.

.com.es

Para calquera tipo de actividade a un prezo moi reducido.

Poderán solicitalo as persoas físicas ou entidades privadas.

.nom.es

Para identificar o teu nome e a túa propia actividade na web.

Poderán solicitalo só as persoas físicas.

.org.es

Para identificar a túa organización sen ánimo de lucro

Poderán solicitalo entidades, institucións ou colectivos sen ánimo de lucro.

Dominios que requiren verificación previa

Os dominios ".gob.es" e ".edu.es" poderán ser solicitados por Organismos Públicos, Entidades e Institucións relacionadas co ensino ou a investigación en España. Estes dominios requiren unha verificación previa, o que supón un prazo máximo de 24 horas para o seu rexistro.

.edu.es

Poderán solicitalo entidades, institucións ou colectivos que realicen actividades relacionadas co ensino ou a investigación en España.

.gob.es

Están reservados e poderán ser solicitados só por Organismos Públicos e Institucións gobernamentais.

 

Paso 3

Decide con quen rexistrar o teu nome de dominio

RECOMENDADO

Rexistra un dominio a través dun Axente Rexistrado Acreditado

Os Axentes Rexistradores ofrecen prezos competitivos e facilitaranche a xestión do teu dominio, ofrecéndote unha serie de vantaxes e servizos de valor engadido.

O teu Axente Rexistrador será o encargado de realizar as tramitacións necesarias con Dominios.es. Só en casos excepcionais necesitarás realizar algún tipo de xestión connosco directamente.

Dende dominios.es promovemos activamente a figura dos Axentes Rexistradores Acreditados.

Rexistra un dominio a través de Dominios.es

Dominios.es ofrece o rexistro e xestión de forma directa pero soamente o rexistro do nome de dominio, sen valores engadidos e cun prezo superior ao que che poden ofrecer os Axentes Rexistradores.

Dende Dominios.es recomendámosche que te poñas en contacto cos nosos Axentes Rexistradores Acreditados.

Podes realizar o rexistro dun dominio a través de Dominios.es dende o Panel de control.

Tamén che pode interesar

  • Os nosos Axentes Rexistradores

    Descubre a listaxe de axentes rexistradores cos que podes rexistrar o teu dominio. 

  • Termos e condicións

    Descubre todo o que necesitas saber antes de rexistrar un dominio ".es" 

  • Canto custa rexistrar un dominio

    Consulta o prezo de rexistro de dominio en función de con quen o rexistres.