2FA

2FA

O Rexistro de Dominios .es estableceu unha autenticación de dobre factor (2FA) para poder acceder ao sistema de xestión do teu dominio.
Con iso preténdese dar cumprimento ao novo Esquema Nacional de Seguridade (ENS), publicado no Real Decreto 311/2022 do 3 de maio (ver BOE), garantíndoche como usuario unha maior seguridade e privacidade, engadindo unha segunda capa de protección ao contrasinal que actualmente empregas mediante un código de confirmación temporal enviado ao teu correo electrónico ou por unha aplicación específica.

 

Por que é importante unha autenticación de dobre factor (2FA)?
A principal vantaxe que achega este sistema é que se trata dun factor engadido de seguridade no caso de que o contrasinal fose hackeado ou filtrado, garantindo así a protección da conta.
Para usar este sistema, ademais, só é necesario ter correctamente indicada a túa dirección de correo electrónico asociada ao teu usuario ou ben configurar no teu dispositivo móbil unha aplicación de autenticación especializada, e aí recibirás o código temporal de varios díxitos que deberás introducir no sistema unha vez iniciases sesión co teu contrasinal.


Podes atopar máis información sobre este sistema na seguinte ligazón