Condicións xerais de utilización das páxinas web de Red.es
TERMOS LEGAIS
O presente aviso legal recolle as condicións xerais que rexen o acceso e o uso do sitio web (http://www.dominios.es), en diante "o sitio web", do que é titular Red.es, entidade pública empresarial adscrita á Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, con domicilio social en Pza. Manuel Gómez Moreno s/n, Edificio Bronce, 28020 Madrid e NIF: Q-2891006-E, constituída en virtude da disposición adicional sexta da Lei 11/1998, do 24 de abril, xeral de telecomunicacións, en redacción dada polo artigo 55 da Lei 14/2000, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, expresamente declarada en vigor pola disposición derrogatoria única da Lei 32/2003, do 3 de novembro, xeral de telecomunicacións. O uso do sitio web implica a expresa e plena aceptación destas condicións xerais na versión publicada no momento en que o usuario acceda a este, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos servizos concretos do sitio web. Se é o caso, a utilización de tales servizos significará a aceptación das condicións particulares que lles sexan aplicables.
PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL SOBRE OS CONTIDOS DA PÁXINA
Deseño e logos
A estrutura do sitio web, o seu deseño e o código fonte desta, así como os logos e marcas que nela se inclúen, son titularidade de Red.es e están protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial. Non se poderán realizar actos de reprodución, modificación, distribución, comunicación pública e, en xeral, calquera outra forma de explotación, por calquera procedemento, destes elementos sen o previo consentimento por escrito de Red.es.
Contidos
Todos aqueles contidos incluídos no sitio web son titularidade de Red.es e están suxeitos á licenza particular que os acompaña. Autorízase a reprodución, distribución, comunicación pública e, en xeral, calquera outra forma de explotación, por calquera procedemento, destes elementos nos termos indicados en cada licenza particular.
No caso de que un contido non estea acompañado dunha licenza particular, queda autorizada a reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación deste, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
-
Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido.
-
O usuario queda obrigado en todo caso a citar a fonte dos contidos.
-
O usuario queda obrigado a mencionar a data da última actualización dos contidos.
Disposicións comúns
Red.es non asumirá ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido do sitio web e poderá exercitar todas as accións civís ou penais que lle correspondan en caso de infracción destes dereitos por parte do usuario. Está absolutamente prohibido o uso do sitio web ou dalgún dos seus elementos con fins ilícitos.
PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
A entidade pública empresarial Red.es está comprometida a cumprir co Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), según o exposto na seguinte ligazón: Protección de datos de carácter persoal.
MODIFICACIÓNS
Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, Red.es resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web, de forma unilateral. Así mesmo, resérvase o dereito de modificar en calquera momento as presentes condicións de uso, así como calquera outra condición particular.
EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE
Red.es non se responsabiliza dos eventuais erros tipográficos, formais ou numéricos que poida conter o sitio web, nin da exactitude da información contida nel.
HIPERLIGAZÓNS
As hiperligazóns contidas no sitio web de Red.es poden dirixir a páxinas web de terceiros. Red.es non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer ou proporcionarse nos devanditos sitios, que terán exclusivamente carácter informativo, e que en ningún caso implican relación ningunha entre Red.es e as persoas ou entidades titulares destes contidos ou titulares dos sitios onde se encontren.