Podes renovar o teu dominio.es en calquera momento do ano, sen esperar á data de vencemento, polo prazo de 1, 2, 3, 4, 5 ou 10 anos.
A renovación dos nomes de dominio pódese realizar a través dun Axente Rexistrador ou directamente a través de Dominios.es.
Nesta páxina podes informarte sobre:
Renova o teu dominio a través dun Axente Rexistrador
Se un dominio está xestionado por un Axente Rexistrador, ponte en contacto con el e este encargarase da renovación do teu dominio.
Se 5 días antes da data de caducidade o teu Axente Rexistrador non solicitou a renovación do dominio, dende Dominios.es informaremos o contacto administrativo de tal situación.
Quen é o Contacto administrativo dun dominio?
O contacto administrativo é a persoa física que o titular elixe con poder de representación suficiente para xestionar o dominio.
Descubre cómo cambiar de contacto administrativodo teu dominio.
Renova o teu dominio a través de Dominios.es
Se un dominio está xestionado a través de Dominios.es, e dez días antes da data de caducidade aínda non solicitaches a renovación deste, dende Dominios.es informaremos o contacto administrativo de tal situación, recordándolle o prazo do que dispón para solicitar a renovación e proceder ao pagamento.
Tarifas de renovación con Dominios.es
Renovación do teu dominio ".es"
Se tes o teu dominio ".es" rexistrado directamente con Dominios.es, as actuais tarifas anuais de renovación do teu dominio son as que se mostran a continuación, todas elas con IVE incluído:
Tipo de dominio | Prezo de alta | Prezo de renovación |
---|---|---|
.es | 33,88€ | 33,38€ |
.com.es | 14,08€ | 14,08€ |
.nom.es | 14,08€ | 14,08€ |
.org.es | 14,08€ | 14,08€ |
Renovación de nomes de dominio especiais
Tipo de dominio | Prezo de alta | Prezo de renovación |
---|---|---|
.edu.es | 36,51€ | 36,51€ |
.gob.es | 36,51€ | 36,51€ |
Para máis información sobre as tarifas ofrecidas por Dominios.es, accede ao documento da Instrución pola que se establecen as tarifas:
Formas de pagamento para realizar a renovación do teu dominio
Cando renoves o teu dominio ".es" connosco, podes realizar o pagamento a través da pasarela de pagamento seguro TPV (Terminal Punto de venda).
O pagamento electrónico pódelo realizar mediante os seguintes métodos:
Tarxeta segura.
A través de tarxeta de débito ou crédito de tipo Visa, Mastercard, Maestro e 4B.
Pagamento en efectivo
O pagamento en efectivo poderalo realizar nas oficinas de Dominios.es
Pagamento por cargo
Para que poidas realizar o pagamento por cargo, é necesario que dispoñas dun certificado dixital de tipo DNI electrónico ou FNMT e pertencer á zona SEPA