Cambia de Axente Rexistrador

Cambia de Axente Rexistrador

Nesta sección encontrarás información sobre como cambiar de xestor do teu dominio.es, dun Axente Rexistrador a outro Axente Rexistrador.

Tamén te informaremos de como renunciar á xestión dun Axente Rexistrador e optar por unha xestión directa con Dominios.es. A este trámite designámolo Transferencia.

Como cambiar de Axente Rexistrador

Se desexas que un novo Axente Rexistrador se ocupe da xestión do teu dominio deberás poñerte en contacto co Axente Rexistrador elixido e será este quen remita a Dominios.es a solicitude de transferencia, que terá que ser aprobada polo contacto administrativo do teu dominio.

Consulta a listaxe completa de Axentes Rexistradores acreditados.

Como renunciar aos servizos do meu Axente Rexistrador

Se desexas xestionar o teu dominio directamente con Dominios.es e renunciar á xestión do teu actual Axente Rexistrador, deberás acceder ao panel de control de Dominios.es co seu identificador e contrasinal, localizar o dominio no apartado "Os meus dominios" e seleccionar a opción "Rexeitar axente".

Consulta o Manual de Usuario para obter información máis detallada sobre estes procedementos:

Tamén che pode interesar

  • Os nosos Axentes Rexistradores

    Descubre a listaxe de axentes rexistradores cos que podes rexistrar o teu dominio. 

  • Normativa

    Consultar toda a normativa aplicable, as tarifas de asignación e renovación, os procedementos operativos, etc. 

  • Cambio de titular

    Coñece como podes cambiar o titular dun dominio ".es", tanto se está xestionado por un Axente Rexistrador ou por Dominios.es.