Dun xeito moi doado:
 
A través de Axente Rexistrador:
Ademais dun prezo competitivo, facilitaranlle a xestión e ofreceranlle unha serie de vantaxes e servizos de valor engadido, acceda á listaxe de Axentes Rexistradores acreditados.
Dende Red.es promovemos activamente a figura dos Axentes Rexistradores. Ofrecen servizos adicionais aos mellores prezos.
 
Directamente en Dominios ".es":
O rexistro directo unicamente se ofrece para situacións moi concretas que non requiran intermediarios por circunstancias especiais. O rexistro directo a través de Red.es ofrece soamente o nome de dominio (ningún servizo adicional) e polas súas condicións particulares supón un prezo elevado regulado por instrución interna. Dende Red.es recomendámosche manifestamente que contactes cos nosos Axentes Rexistradores acreditados.
En caso de non estar rexistrado, acceda aquí.
 
Para xestionar o seu dominio vostede pode acceder ao sistema:
       1- Introducindo o seu identificador e contrasinal, os cales se lle asignaron ao rexistrarse a través de Dominios.es.
       2- Autentificándose co seu DNIe/certificado, previa asociación do DNIe/certificado co seu identificador. 
 

A asignación será automática e inmediata nos dominios ".es", ".com.es", ".nom.es" e ".org.es", unha vez se faga efectivo o pagamento.

Os dominios ".gob.es" e ".edu.es", son sometidos a unha revisión previa e polo tanto o seu rexistro non é inmediato.