Cláusulas de termos e condicións

Cláusulas de termos e condicións

 

O solicitante do presente nome de dominio (en diante, "o Solicitante") declara que:

 

1. Coñece e asume as normas e procedementos vixentes, termos e condicións, tarifas e forma de pagamento e requisitos técnicos establecidos para o rexistro de nomes de dominio baixo ".es", cuxo contido se encontra dispoñible en http://www.dominios.es.

 

2. Coñece que o incumprimento destas normas, nos casos en que estea así expresamente establecido, supoñerá a perda do nome de dominio e a súa posible reasignación dende ese mesmo momento para o seu rexistro a favor dun solicitante que estea lexitimado para iso.

 

3. Os datos facilitados na presente solicitude son certos, salvo erro ou omisión de boa fe.

 

4. Comprométese a manter sempre actualizada a información facilitada nesta solicitude, comunicando a Red.es calquera cambio que se produza. O incumprimento desta obriga pode dar lugar a que o nome de dominio sexa cancelado, de acordo co procedemento establecido para tal efecto (por exemplo, por imposibilidade de comunicar coas persoas que figuran como responsables do nome de dominio, ao non ter comunicado o cambio dos seus datos de contacto ou cambios de responsables).

 

5. Asume que Red.es, na tramitación das diferentes actuacións relativas á asignación e xestión do nome de dominio, actuará tomando en consideración os datos comunicados polo Solicitante na forma sinalada no apartado anterior.

 

6. É consciente e asume que calquera falsidade nos datos consignados na presente solicitude poderá ser causa de cancelación do nome de dominio, de acordo co procedemento establecido para tal efecto, e que, neste caso, este quedará dispoñible para o seu eventual rexistro por parte doutro solicitante lexitimado.

 

7. É consciente e asume que, unha vez que o Rexistro lle comunique que o nome de dominio pode ser asignado ou renovado por cumprir os requisitos establecidos para o efecto, o Solicitante está obrigado a realizar nos prazos establecidos o pagamento da tarifa correspondente por asignación ou, se é o caso, renovación.

 

8. É consciente e asume que, en caso de non-pagamento ou pagamento insuficiente tras os prazos establecidos, o nome de dominio pasará a estar dispoñible dende ese mesmo momento para o seu rexistro a favor dun solicitante lexitimado.

 

9. É consciente e asume que, en caso de incumprimento das regras e condicións técnicas establecidas pola Autoridade de Asignación para o adecuado funcionamento do sistema de nomes de dominio baixo o ".es", un nome de dominio rexistrado pode ser dado de baixa de forma temporal ou definitiva.

 

10. De acordo co seu coñecemento, o uso do nome de dominio non viola os dereitos de terceiros.

 

11. É consciente e asume que a asignación do nome de dominio baixo ".es" supón o sometemento ao sistema de resolución extraxudicial de conflitos sobre a utilización de nomes de dominio en relación, entre outros, cos dereitos de propiedade industrial protexidos en España, tales como os nomes comerciais, marcas protexidas, denominacións de orixe e nomes de empresas, ou coas denominacións oficiais ou xeralmente recoñecibles de administracións públicas e organismos públicos españois, conforme co procedemento establecido no Regulamento de resolución extraxudicial de conflitos sobre a utilización de nomes de dominio baixo ".es", publicado na páxina web www.dominios.es.

 

12. É consciente e asume que os resultados do sistema extraxudicial de resolución de conflitos serán vinculantes para as partes e para a Autoridade de Asignación.

 

13. É consciente e asume que a asignación e rexistro do nome de dominio ao seu favor lle confire exclusivamente o dereito á súa utilización para os efectos de direccionamento no sistema de nomes de dominio de Internet e nos termos previstos na normativa aplicable.

 

14. Declara que a persoa de contacto administrativo que figura na solicitude conta con capacidade abondo de representación para tales efectos, asume que é a persoa responsable de calquera incidencia relacionada cos dereitos de uso do nome de dominio e que esta circunstancia é coñecida e aceptada por ela.

 

15. Declara que todas as entidades e persoas relacionadas na presente solicitude coñecen, de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos, e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) , a seguinte información básica sobre a protección dos seus datos persoais:

 

Nome do tratamento:

DOMINIOS.ES

Fins de tratamento:

Xestión das relacións para a asignación de nomes de dominio e relación cos titulares e/ou axentes rexistradores autorizados.


Reutilización de información asociada aos nomes de dominio “.es” de conformidade coa Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.

 

Realización de informes, estudos e análises agregados sobre o uso dos dominios “.es” por parte de Red.es ou, de forma conxunta, con outras organizacións ou entidades, españolas ou internacionais, as cales teñan dentro das súas finalidades a xestión de nomes de dominio.

 

Acordos de colaboración con outras Administracións Públicas ou entidades españolas, así como con organismos ou organizacións internacionais, coas que Red.es subscriba convenios no ámbito das súas competencias.

 

Realización de estudos, fins de arquivo en interese público, fins de investigación científica ou histórica ou fins estatísticos relacionados coa actividade do Rexistro.

Responsable do tratamento:

Red.es: Edificio Bronce
Plaza Manuel Gómez Moreno, s/n
28020 Madrid,

teléfono: 901100167

email: protecciondedatos@red.es

Encargado do tratamento:

Nas tarefas de xestión de dominios.es detectáronse encargados de tratamento, que se poderán consultar como anexo a esta ficha.

Delegado de Protección de Datos

Teléfono: 901100167

Email: protecciondedatos@red.es

Categoría de datos:

Nomes e apelidos, documento identificativo, enderezo, teléfono e correo electrónico.
Información profesional

Colectivo:

Axentes Rexistradores e solicitantes.


Titulares dos dominios .es.

Departamento implicado:

Dominios

Lexitimación:

Mantemento das relacións contractuais cos Axentes Rexistradores e cos titulares dos dominios.

 

Interese lexítimo propio e de terceiros para coñecer o grao de utilización e finalidades dos dominios .es.

Prazo de supresión:

10 anos tras a finalización do contrato

Medidas de seguridade:

As medidas de seguridade implantadas na entidade pública empresarial Red.es, M.P. correspóndense coas previstas no Anexo II (Medidas de seguridade) do Real Decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica, e de forma adicional implementáronse os controis de seguridade do Sistema de Xestión da Seguridade da Información baseado na Norma UNE-EN ISO/IEC 27001.

 

No caso das medidas de seguridade de terceiros que manteñan unha relación contractual co Rexistro, as medidas de seguridade serán as mesmas ou equivalentes ás anteriormente indicadas.

Transferencias Internacionais:

Contémplanse transferencias internacionais con aquelas entidades que manteñan unha relación contractual co Rexistro e por motivos de interese público (seguridade do Rexistro).

 

En detalle das devanditas relacións contractuais poderase consultar como anexo a esta ficha.

Exercicio de dereitos:

Poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, e a limitación ou oposición ao seu tratamento, enchendo un formulario dispoñible na sede electrónica de Red.es e dirixido ao Responsable do Tratamento (Red.es): https://sede.red.gob.es/

o protecciondedatos@red.es

Tipo de tratamento:

Mixto

Categoría destinatarios:

Cumprimento das obrigas legais.

 

Declara que todas as entidades e persoas relacionadas na presente solicitude consenten

expresamente que os datos persoais, así como o resto de datos que constan no presente documento, foron facilitados a Red.es  para ser procesados para as seguintes finalidades:
 

-Rexistro dos datos necesarios para a asignación, operación e renovación do nome de dominio

-Consignación nas bases internas para a xestión do Rexistro “.es” (Dominios.es)

-Facilitar a outras administracións públicas coas que Red.es subscriba convenios.

 

Todo iso de acordo cos termos establecidos nas normas e procedementos para o rexistro dun Nome de Dominio baixo “.es”.

 

Declara que todas as entidades e persoas relacionadas na presente solicitude coñecen que, de acordo coa Disposición adicional décimo oitava da Lei 14/2000, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, a entidade pública empresarial Red.es dará publicidade aos procedementos de asignación e rexistro de nomes de dominio “.es” que se adopten e que iso supoñerá que o nome e apelidos, no caso das persoas físicas, a razón social, no caso das persoas xurídicas, e o correo electrónico, en todos os casos, se comunicarán a través de WHOIS, protocolo TCP de consulta/resposta respecto dos devanditos datos, así como mediante aquelas ferramentas que Red.es habilite para a consulta dos devanditos datos.


Coñece e asume que os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos e a limitación ou oposición ao seu tratamento poderán exercerse directamente ante Red.es como responsable do tratamento. Os dereitos de cancelación e oposición unicamente poderán exercerse previamente á renuncia ao nome de dominio solicitado, posto que o tratamento dos datos persoais por parte de Red.es é necesario para a asignación e renovación do nome de dominio.  
 
Coñece e asume que os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos e a limitación ou oposición ao seu tratamento poderán exercerse fronte a RED.ES como entidade responsable do tratamento. Os dereitos de cancelación e oposición unicamente poderán exercerse previamente á renuncia ao nome de dominio solicitado, posto que o tratamento dos datos persoais por parte de Red.es é necesario para a asignación e renovación do nome de dominio.

 

RED.ES, con enderezo en www.red.es, observará no tratamento dos datos persoais das persoas e entidades mencionadas o disposto no Regulamento (UE) 679/2016. Sen utilizalos para outra finalidade distinta que a conducente á asignación e renovación do nome de dominio e á súa publicidade nos termos anteriormente descritos. Os datos persoais procesados por Red.es non serán transferidos ou accesibles por ningún outro terceiro, salvo se a devandita transferencia for requirida pola lei, por unha disposición regulamentaria ou por unha sentenza xudicial, ou se esta divulgación é necesaria para garantir a protección e defensa dos seus dereitos. Red.es, no exercicio da súa actividade como rexistro do indicativo “.es”, ten facultade para subcontratar servizos relacionados coa correcta operación do rexistro, tales como desenvolvementos, explotación, atención a axentes rexistradores e usuarios finais, seguridade etc. Nas devanditas circunstancias, os subcontratistas de red.es quedarán sometidos ás mesmas cláusulas de confidencialidade e tratamento dos datos persoais.