O sistema de resolución extraxudicial de conflitos sobre a utilización de nomes de dominio ".es", desenvolvido pola Entidade Pública Empresarial Red.es, baséase nas prácticas xeralmente aplicadas no ámbito internacional, e as recomendacións emanadas polas entidades e organismos internacionais que desenvolven actividades relacionadas coa xestión do sistema de nomes de dominio de Internet.
É necesario posuír dereitos previos dun nome de dominio ".es" xa asignado, para facer uso do devandito sistema, de acordo co establecido no Regulamento do Procedemento de Resolución extraxudicial de conflitos, aprobado o 7 de novembro de 2005.
Débense acreditar os motivos polos que o rexistro do nome de dominio ".es" é de carácter especulativo ou abusivo, e en particular:
  • Os motivos polos que o nome de dominio ".es" é idéntico ou similar ata o punto de crear confusión con outro termo sobre o que o Demandante alega posuír Dereitos Previos; e
  • Os motivos polos que debe considerarse que o Demandado carece de dereitos ou intereses lexítimos sobre o nome ou nomes de dominio obxecto da demanda; e
  • Os motivos polos que debe considerarse que o nome de dominio foi rexistrado ou se estea a utilizar de mala fe.
En todo caso, a demanda debe ser instada ante un Provedor de resolución extraxudicial de conflitos, acreditado pola entidade pública empresarial Red.es, de acordo co artigo 13 do Regulamento do Procedemento de Resolución extraxudicial de conflitos.
No sistema de resolución extraxudicial de conflitos de nomes de dominio ".es", hai varios roles, que é conveniente coñecer:
  • Entidade pública empresarial Red.es, neste caso as súas funcións son basicamente, velar polo cumprimento das obrigas dos Provedores e executar as resolucións establecidas polo experto.
  • Provedor, organización sen ánimo de lucro que administra as demandas, e vela pola tramitación destas de acordo co establecido no Regulamento, nomeando ao Experto con imparcialidade e independencia.
  • Partes: demandante, persoa física ou organización que insta a demanda ante o provedor contra o demandado, titular do nome de dominio ".es" obxecto da controversia.
  • Experto: profesional con experiencia acreditada en resolución extraxudicial de conflitos, que resolverá a controversia co máximo rigor e independencia, tendo en conta o contido da demanda e a contestación a esta.
Non poderá ser iniciado o procedemento de resolución extraxudicial de conflitos cando se atope aberto un procedemento de cancelación do nome de dominio ".es". En todo caso a vía xudicial está sempre aberta para as Partes, independentemente do estado da demanda.
A tarifa establecida polos provedores de resolución extraxudicial de conflitos de nomes de dominio ".es" é de 1,400€.
Para resolver a demanda o experto terá en conta as declaracións e documentos presentados polas partes.
O experto, nun prazo medio de 2 MESES dende a interposición da demanda, resolverá mediante resolución motivada que debe ser congruente coa pretensión da demanda e non poderá decidir sobre cuestións alleas a esta.
Baseándose no artigo 13 da instrución pola que se regula o DRP o demandante deberá indicar na demanda a pretensión que se pretende obter, é dicir a transmisión do nome de dominio ao demandante ou a súa cancelación.
Polo tanto o experto pode resolver:
 
  • Admitir a demanda
    Neste caso o experto pode acordar:
    1. Transmitir o nome de dominio ao demandante. Neste suposto, transcorrido o prazo máximo dun mes a partir da notificación da decisión ás partes e Red.es, o demandante deberá enviar unha solicitude de transmisión a transmisionDRP@dominios.es. Recibida a devandita solicitude realizarase a transmisión do nome de dominio ao demandante.

      Solicitude de transmisión en cumprimento da resolución ditada no procedemento de resolución extraxudicial de conflitos:

    2. Cancelar o nome de dominio, que quedará para libre asignación. No caso de que o demandante non indicara na demanda que quere a transmisión do nome de dominio obxecto da controversia.
 
  • Non admitir a demanda.. Neste suposto o experto considera que o demandado ten razón e polo tanto o nome de dominio debe continuar asignado a favor do antigo titular.
Se no citado prazo de 30 días, calquera das partes notificase a Red.es un documento acreditando que se iniciou un procedemento xudicial ante un xulgado competente, Red.es suspenderá a execución da decisión ata que reciba comunicación de que concluíu o devandito procedemento xudicial, agás que o órgano xudicial determine o contrario.
Descarga:

 

Desculpe as molestias. Esta páxina non está dispoñible en galego.
Por favor, faga clic aquí para acceder á súa versión en castelán.
 
Desculpe as molestias. Esta páxina non está dispoñible en galego.
Por favor, faga clic aquí para acceder á súa versión en castelán.

 

Desculpe as molestias. Esta páxina non está dispoñible en galego.
Por favor, faga clic aquí para acceder á súa versión en castelán.