Dende calquera parte do mundo vostede pode solicitar os seguintes dominios ".es", tendo en conta que debe manter vínculos con España:
  • As persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade que manteñan vínculos con España, poden solicitar calquera dominio ".es" e/ou ".com.es".
  • Poderán solicitar, os dominios ".nom.es" as persoas físicas que manteñan vínculos con España.
  • As entidades, institucións ou colectivos con ou sen personalidade xurídica e sen ánimo de lucro que manteñan vínculos con España, poderán rexistrar os dominios ".org.es".
 
Os dominios ".gob.es" e ".edu.es" poden ser solicitados por Organismos Públicos e Entidades e Institucións relacionadas co Ensino ou a Investigación en España, respectivamente.
  • Os dominios co indicativo ".gob.es", están reservados ás Administracións Públicas españolas e as entidades de Dereito Público dependentes dela.
  • As entidades, as institucións ou colectivos con ou sen personalidade xurídica que gocen de recoñecemento oficial e realicen actividades relacionadas co ensino ou a investigación en España, poden obter dominios ".edu.es".
 

Quien puede