A través de Axente Rexistrador

Os Axentes Rexistradores actúan dentro do marco de libre competencia con prezos reducidos e ofrécenlle unha serie de vantaxes adicionais e servizos de valor engadido tales como aloxamento de servidores, páxinas web, enderezos de correo electrónico, rexistro de patentes, facilitándolle a xestión do rexistro e renovación do seu dominio.
Dende Red.es promovemos activamente a figura dos Axentes Rexistradores. Ofrecen servizos adicionais aos mellores prezos.

Accede á nosa listaxe de Axentes Rexistradores

 

A través de Red.es

O rexistro directo unicamente se ofrece para situacións moi concretas que non requiran intermediarios por circunstancias especiais. O rexistro directo a través de Red.es ofrece soamente o nome de dominio (ningún servizo adicional) e polas súas condicións particulares supón un prezo elevado regulado por instrución interna. Dende Red.es recomendámosche manifestamente que contactes cos nosos Axentes Rexistradores acreditados.
Se decide rexistrar o seu dominio ".es" a través de Red.es, a Instrución pola que se establecen as tarifas establece as seguintes contías:

 

  • Nomes de dominio que se asignan de forma automática:

 

 Indicativo Rexistrar* Renovación*
 .es 33,38€ 33,38€
 .com.es 14,08€ 14,08€
 .nom.es 14,08€ 14,08€
 .org.es 14,08€ 14,08€

 

 

  • Nomes de dominio que requiren verificación previa:

 

Indicativo Rexistrar* Renovación*
 .edu.es 36,51€ 36,51€
.gob.es 36,51€ 36,51€

*IVE incluído

 

 

Cuánto cuesta