O dereito á utilización dun dominio ".es", pode ser transmitido conforme á actual normativa.

Transmisión ordinaria:

Nos casos de transmisión voluntaria ou cesión da marca ou nome comercial ao que estivese asociado o dominio, débese proceder segundo as seguintes pautas:
  • Solicitude de transmisión do antigo titular.
     
    • Se o dominio ".es" está xestionado por un Axente Rexistrador, poderán iniciar o procedemento de transmisión: o Axente Rexistrador que xestiona o nome de dominio, o Titular deste ou a persoa de Contacto Administrativo.
      No caso de que sexa o Axente Rexistrador quen inicie o procedemento, o Titular ou a persoa de Contacto Administrativo recibirán unha comunicación vía correo electrónico para confirmar ou rexeitar o inicio do procedemento. Posteriormente, deberán acceder ao sistema co seu identificador e contrasinal para validar a acción a executar (confirmar ou rexeitar).
      No caso de que sexa o Titular ou a persoa de Contacto Administrativo quen inicien, estes deberán acceder ao sistema de xestión de nomes de dominio co seu identificador e contrasinal, e seleccionar a opción "Solicitude Transmisión de dominio".
    • Se o dominio ".es" non está xestionado por un Axente Rexistrador, poderán iniciar o procedemento de transmisión: o Titular deste ou a persoa de Contacto Administrativo.
      O Titular ou a Persoa de Contacto Administrativo deberán acceder ao sistema de xestión de nomes de dominio co seu identificador e contrasinal, e seleccionar a opción "Solicitude Transmisión de dominio".
 
  • Solicitude de aceptación de condicións do novo titular.
    A persoa designada como Contacto Administrativo polo adquirente do dereito de uso do dominio ".es" recibirá unha comunicación mediante correo electrónico, para confirmar ou rexeitar a transmisión, accedendo ao sistema de xestión de nomes de dominio co seu identificador e contrasinal.
    No caso de confirmala, deberá proceder á aceptación dos termos da asignación previstos no Plan de Dominios, e solicitar a modificación dos datos do rexistro.

Transmisión especial:

Nos casos de sucesión universal intervivos ou mortis causa e sucesión de empresas, o sucesor poderá seguir utilizando o devandito nome, a condición de que siga as seguintes pautas:
  • Solicitude de aceptación de condicións do novo titular.
    O adquirente do dereito de uso do dominio ".es" ou a persoa designada como Contacto Administrativo por este deberán acceder ao sistema de xestión de nomes de dominio co seu identificador e contrasinal, e seleccionar a opción "Solicitude Transmisión Especial de dominio", para proceder á aceptación dos termos da asignación previstos no Plan de Dominios, e solicitar a modificación dos datos do rexistro.
    Neste caso, deberase acreditar documentalmente que se dan as circunstancias especiais ás que se refire este punto.
 Para a presentación das solicitudes será necesario identificarse dunha das seguintes formas:
  • DNIe/Certificado electrónico*.
  • Fotocopia de DNI ou documento acreditativo.
 
Red.es, unha vez recibida e validada toda a información sinalada anteriormente, enviará por medios telemáticos, tanto ao adquirente, ou, se é o caso, o Axente Rexistrador, como ao transmitente, confirmación da realización da transmisión.
Teña en conta que, de acordo co establecido no artigo décimo terceiro do Plan Nacional de Nomes de Dominio baixo ".es", os datos rexistrais dos dominios ".es" deberán ser exactos e veraces, especialmente os correspondentes á persoa de Contacto Administrativo. No caso contrario, non poderá ser realizada a transmisión do dominio, e Red.es poderá iniciar un procedemento de cancelación deste.
 
Consulte o Manual de Usuario, para obter información máis detallada sobre este procedemento.
 
*Aviso:
É necesario dispoñer dun certificado dixital como o do DNI electrónico (DNIe) ou outro emitido por algunha das seguintes entidades certificadoras: CERES (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre), Consello Xeral da Avogacía Española, Autoridade de Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma (Cámaras de Comercio), IZENPE (Goberno Vasco), Axencia Catalá de Certificación (CatCert), Ecofirma (Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo )...  [Vexa +]