A través de Axente Rexistrador:

Se o dominio ".es" está xestionado por un Axente Rexistrador, deberase contactar con este para que proceda ao cambio de persoa de contacto administrativo.
Accede á nosa listaxe de Axentes Rexistradores.

A través de Rexistro (Red.es):

Se o dominio ".es" non está xestionado por un Axente Rexistrador, poderán solicitar o cambio de persoa de contacto administrativo: o titular ou o contacto administrativo que figura dado de alta no rexistro.
Para solicitar o cambio deberán acceder ao sistema de xestión de nomes de dominio co seu identificador e contrasinal, localizar o dominio na parte "Os meus dominios" e seleccionar a opción "Editar dominio".
 
Teña en conta que, de acordo co establecido no artigo décimo terceiro do Plan Nacional de Nomes de Dominio baixo ".es", os datos rexistrais dos dominios ".es" deberán ser exactos e veraces, especialmente os correspondentes á persoa de contacto administrativo. No caso contrario, Red.es poderá iniciar un procedemento de cancelación do nome de dominio.
 
*Aviso:
É necesario dispoñer dun certificado dixital como o do DNI electrónico (DNIe) ou outro emitido por algunha das seguintes entidades certificadoras: CERES (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre), Consello Xeral da Avogacía Española, Autoridade de Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma (Cámaras de Comercio), IZENPE (Goberno Vasco), Axencia Catalá de Certificación (CatCert), Ecofirma (Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo )...  [Vexa +]