Red.es ten encomendada a autoridade de rexistro dos nomes de dominio de Internet baixo o indicativo de primeiro nivel correspondente ao país de España (.es).
As actuacións realízanse de acordo coas directrices establecidas polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e en conformidade co ICANN (Internet Corporation for Assigned Names & Numbers) e as guías derivadas do mercado internacional.
En Red.es apostamos porque o dominio .es sexa un dominio de calidade, seguro, doado de adquirir e renovar, economicamente competitivo e que ofreza servizos de valor diferenciais como a resolución extraxudicial de conflitos. Queremos que o dominio .es sexa referente a nivel internacional da lingua española e utilizado para as páxinas de Internet con contido en español, nun mundo con máis de 400 millóns de hispanofalantes.

 

Carta de servizo de Dominio ".es"