Identidade / Idioma

Os servizos de Internet prestados baixo os dominios ".es" asócianse á cultura de fala hispana, sendo este elemento parte esencial da identidade dos devanditos servizos.

Proximidade

Os servizos de Internet identificados polos dominios ".es" son prestados por persoas ou organizacións vinculadas con España, o que garante a proximidade aos usuarios españois. Ao mesmo tempo, Red.es é un organismo público español adscrito ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, próximo ás necesidades dos usuarios de Internet que utilizan os dominios ".es", Red.es, conta para iso cun servizo de atención aos usuarios que atende calquera solicitude de información a través do 902 010 755, ou a través do enderezo de correo electrónico, info@dominios.es.

Máis posibilidades nos buscadores de Internet

Para o posicionamento en buscadores como "google", "yahoo" ou "msn", ten bastante importancia que o dominio se corresponda cun dominio territorial, como é o caso do ".es". Cun dominio ".es" conseguirá unha posición destacada nos buscadores de referencia.

Fiabilidade e calidade de servizo

O Rexistro de dominios ".es" xestionado pola Entidade Pública Empresarial Red.es, ofrece o servizo de rexistro de dominios ".es" de acordo aos estándares de fiabilidade e calidade habituais no mercado. Ademais, sen custo adicional, red.es ofrece un servidor DNS secundario opcional, o que garante a súa presenza en Internet.

Flexibilidade e axilidade

A flexibilización dos criterios de rexistro de dominios ".es" establecidos no Plan Nacional de Nomes de dominio baixo ".es" permite reducir o tempo de rexistro dos dominios ".es" a minutos, sendo practicamente inmediato.

Prezo

As tarifas actuais son moi competitivas, estando mesmo por debaixo das ofrecidas para outros dominios xenéricos. A través dos Axentes Rexistradores acreditados, poderá atopar solucións axustadas ás súas necesidades a prezos reducidos.