Co obxecto de actuar contra a fraude electrónica que se produza en nomes de dominio baixo o ".es", a entidade pública empresarial Red.es (en diante, "Red.es") en colaboración co Instituto Nacional de Ciberseguridad (en adiante, "INCIBE"), organismo que pon atención en todos os tipos de fraude electrónica, centrándose sobre todo nos casos relacionados con nomes de dominio baixo o ".es", pon de manifesto o seguinte:   
  • Sempre que se detecte un posible caso de phishing, os usuarios poden remitir o caso a INCIBE, a través da caixa do correo electrónico incidencias@certsi.es. Unha vez recibida a información en INCIBE e, unha vez caracterizado o caso, INCIBE contacta con todas as entidades implicadas para facilitar a detección temperá do phishing de forma que cada axente tome as medidas que estime oportunas e, segundo o establecido no Protocolo "es", comunica a Red.es o caso para os efectos de iniciar un procedemento de cancelación de oficio respecto aos nomes de dominio afectados.
  • Unha vez recibida en Red.es a comunicación dun ou varios casos de phishing contidos en páxinas web baixo o código de país ".es", a Autoridade de Asignación inicia, en vía administrativa, un procedemento de cancelación de oficio, regulado no Capítulo V da Instrución do Director Xeneral da entidade pública empresarial Red.es, pola que se desenvolven os procedementos aplicables á asignación e ás demais operacións asociadas ao rexistro de nomes de dominio baixo o ".es".
  • O devandito procedemento ten por obxecto bloquear o nome de dominio durante o seu transcurso e comprobar se se está a producir un incumprimento das condicións de asignación e de uso do nome de dominio baixo ".es", emitíndose Resolución estimatoria ou desestimatoria. Se a Resolución é estimatoria, cancélase o nome de dominio ao seu titular, quedando en situación de libre asignación.
  • Red.es non ten atribuídas máis competencias que as sinaladas anteriormente para actuar contra casos de phishing, xa que se trata dunha modalidade de estafa, delito tipificado no Código Penal, polo que é a xurisdición penal a que ten atribuídas maiores competencias ao respecto.
  • Aínda que INCIBE colabora coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (en diante, "FSCE") proporcionando información complementaria ás súas investigacións cando así o requiren, as denuncias ás FSCE han de presentalas directamente os afectados a través das diferentes vías habilitadas para iso e que poden consultarse na páxina de INCIBE.