Procedemento de cancelación

Un dominio ".es" pode ser cancelado ben polo Rexistro (Red.es) ou a instancia de parte nos seguintes casos:
a) Cando os nomes de dominio baixo o ".es" sexan solicitados por persoas físicas ou entidades con ou sen personalidade xurídica que non teñan intereses ou non manteñan vínculos con España. (ver vínculo).
b) Cando os beneficiarios dos nomes de dominio baixo o ".es" compostos exclusivamente por apelidos ou por unha combinación de nomes propios e apelidos non teñan relación directa con estes.
c) Cando o titular do nome de dominio, por solicitude da Autoridade de Asignación, non demostre de forma fidedigna no prazo estipulado para o efecto que os datos que constan no Rexistro son verdadeiros e correctos.
d) Cando se incumpran as regras e condicións técnicas establecidas pola Autoridade de Asignación para o axeitado funcionamento do Sistema de nomes de dominio baixo o ".es".
e) Cando os nomes de dominio baixo o ".es" asignados incumpran as normas de sintaxes reguladas na alínea Primeira da Disposición undécima do Plan Nomes de Dominio ou algunha das demais condicións de asignación previstas para o efecto neste.
f) Cando un nome de dominio baixo o “.es” fose declarado de interés xeral mediante resolución do Presidente de Red.es de conformidade co disposto na Instrución pola que se establece o procedemento de reasignación de nomes de dominio declarados de interés xeral .(Listaxe de nomes de dominio reasignados).

 

Se vostede cre que un dominio ".es" se atopa nalgún dos casos anteriormente salientados, poderá solicitar a cancelación deste accedendo ao sistema de xestión de Dominios co seu identificador e contrasinal e seleccionando a opción "Solicitude Cancelación de Dominio".
Teña en conta que deberá acreditar debidamente o incumprimento das condicións de asignación nos termos previstos anteriormente, así como o interese lexítimo do solicitante, de acordo ao estipulado na  Instrución pola que se establece o procedemento de cancelación de dominios ".es".
 
Para a presentación da solicitude será necesario identificarse dunha das seguintes formas:
·         DNIe/Certificado electrónico*.
·         Fotocopia de DNI ou documento acreditativo.
 
Consulte o Manual de Usuario, para obter información máis detallada sobre o procedemento.

 

*Aviso:
É necesario dispoñer dun certificado dixital como o do DNI electrónico (DNIe) ou outro emitido por algunha das seguintes entidades certificadoras: CERES (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre), Consello Xeral da Avogacía Española, Autoridade de Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma (Cámaras de Comercio), IZENPE (Goberno Vasco), Axencia Catalá de Certificación (CatCert), Ecofirma (Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo )...  [Vexa +]