Se vostede é o titular, a persoa de contacto administrativo, técnico ou de facturación dun dominio ".es"  e non pode acceder ao enderezo de correo electrónico que figura no rexistro, pode cambiala accedendo ao sistema de xestión de nomes de dominio co seu identificador e contrasinal e editando o seu perfil. Se non recorda o seu contrasinal, deberá realizar o cambio seguindo o proceso que a continuación se indica:
  1. Seleccione a opción Cambiar correo electrónico dispoñible na páxina de acceso ao sistema de xestión de nomes de dominio.
  2. Indique o identificador de contacto que desexa modificar, e o novo enderezo de correo electrónico deste.
  3. Identifíquese dunha das seguintes formas:
    • Mediante DNIe/Certificado electrónico*
    • Achegando fotocopia de DNI ou documento acreditativo.
    Estes cambios realizaranse de xeito inmediato, agás casos excepcionais que deberán ser revisados e aprobados polos nosos operadores.
  Consulte o Manual de Usuario para obter información máis detallada sobre este proceso.    
 
*Aviso:
É necesario dispoñer dun certificado dixital como o do DNI electrónico (DNIe) ou outro emitido por algunha das seguintes entidades certificadoras: CERES (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre), Consello Xeral da Avogacía Española, Autoridade de Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma (Cámaras de Comercio), IZENPE (Goberno Vasco), Axencia Catalá de Certificación (CatCert), Ecofirma (Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo )...  [Vexa +]