Se desexa que un Axente Rexistrador se ocupe da xestión do seu dominio -no caso de que o xestione vostede directamente-, ou cambiar de Axente Rexistrador, deberá poñerse en contacto co Axente Rexistrador elixido, e será este quen remita a Dominios.es a solicitude de transferencia.
 
Consulte a listaxe completa de Axentes Rexistradores acreditados.
 
Para renunciar aos servizos dun Axente Rexistrador -se desexa vostede xestionar o seu dominio directamente-, deberá acceder ao sistema de xestión de nomes de dominio dende a alínea "Xestiona o teu dominio". E unha vez logado no sistema, seleccionar a opción "Rexeitar Axente" de entre as accións posibles.