Os Axentes Rexistradores ofrécenlle toda unha gama de servizos (páxinas web, correo electrónico, patentes e marcas...) xunto co seu dominio.
As principais funcións dos Axentes Rexistradores son as seguintes:
  • Representar os solicitantes ante Red.es para a asignación e renovación de dominios.
  • Asesorar os solicitantes de dominios que contraten os seus servizos e realizar cantas xestións sexan requiridas para o efecto.
  • Tramitar as solicitudes de asignación e renovación de dominios baixo ".es".
  • Calquera outra función relacionada coa asignación e renovación de dominios que lles sexa encomendada por Red.es
Dende Red.es promovemos activamente a figura dos Axentes Rexistradores. Ofrecen servizos adicionais aos mellores prezos.