Dende Red.es promovemos activamente a figura dos Axentes Rexistradores. Se queres rexistrar un dominio, recomendámosche manifestamente que contactes con eles. Ofrecemos o rexistro directo unicamente para situacións especiais e polas súas condicións particulares supón un prezo máis elevado. Os Axentes Rexistradores son entidades acreditadas por Red.es que actúan en calquera trámite relacionado co rexistro de dominios ".es", coa finalidade de asesorar os usuarios finais, axilizar a tramitación e ofrecerlles unha serie de servizos adicionais, tales como correo electrónico, servizos Web, aloxamento de páxinas persoais, rexistro de patentes e marcas, etc...
 
¡Non o penses máis, acode a eles, todo son vantaxes!